Bos días a tod@s;
Hoxe falareivos do meu proxecto final, o cal consiste en varias partes, pois fixen varias cousas.
O primeiro que fixen foi o CNC, que non rematei pero o que levo está no meu blog, concretamente é o anterior a este artigo.
A segunda actividade que fixen foi montar unha sumadora, que máis adiante explicarei.
A terceira actividade foi presentarme xunto a dous compañeiros a unha feira de ciencias levada a cabo en Ponteceso, da cal tamén vos falarei máis adiante.
Por último fixen e presentei un power-point aos alumnos de 6º de primaria aos alumnos do noso centro.
Agora vouvos explicar mellor as actividades.
Sumadora con portas lóxicas;
Esta sumadora creouse únicamente con:
- 1 breadboard
- 3 LEDs
- 3 resistencias para os LEDs de 330 ohmnios
- 3 resistencias para os circuitos integrados de 10K
- cables (eu utilicei varias cores)
- 5 circuitos integrados
Datos sobre esta sumadora:
- Fai as contas en binario:
Nesta sumadora o LED encendido fai referencia ao 1 e o apagado ao 0.
-Podemos sumar ata o número 6 (os números na sumadora representanse por bits. cada dous circuitos integrados forman un bit e nos temos 4 CI sen contar o que nos fai falta para o resto, polo que poderíamos sumar co número máis alto, en decimal, 3 e en código binario 11, como vemos na táboa.
3+3=6. Por esta razón solo se pode sumar ata 6 ainda que é verdade que poderíamos seguir añadindo bits.)
-Para sumar o que se fai é conectar o cable que ao final nos queda solto ao positivo e se non queremos que se sume o que facemos é conectalo ao negativo.
Para montar esta sumadora eu seguín estes esquemas;
Este é o esquema completo pero para entendelo hai que ter en conta que cada unidad (U) é un transistor (EN CADA CI HAI 4 TRANSISTORES)
sabendo esto solo hai que seguir o esquema tendo en conta que as unións se representan con cables.
Ademáis ainda que no esquema non mencione as resistencias, nunca está de menos poñerllas.
Por aquí deixovos un esquema de cada Circuito Integrado por dentro, como dixen antes, consta de 4 portas NANDs, con 2 entradas e 1 saída cada un.
Un detalle importante é que esta sumadora utiliza as seguintes portas lóxicas:
E se queremos facer as contas coma esta sumadora de forma manual podemos seguir este esquema;
Como facer a suma desta maneira?
1º cubrimos cos números que queiramos sumar, tanto en decimal como en binario.
2º colocamos os números do apartado binario en B(primeiro número que queiramos sumar) e A(segundo número que queiramos sumar), postos en forma horizontal se movemos 90º o esquema.
3º imos mirando que porta é segun o dibuxo e miramos o resultado
4º poñemos o resultado no seguinte cuadradito que nos apareza seguindo as lineas.
Por aquí deixovos un video da sumadora e unhas fotos;
Quero destacar que o primeiro bit está conectado ao negativo porque non tería resto para encender o LED siguiente.
(O resto é o último circuito integrado pero neste caso refierome ao resto das sumas cando te levas algo.)
Presentación:
A presentación o que nos intenta deixar claro é que antes a electricidade utilizabase como moito para mover muelles.
Como veñen sendo as máquinas para facer contas, das que se fala ao principio da presentación.
Esto cambiou radicalmente en 1946 coa chegada do ENIAC, o 1º ordenador eléctrico, é dicir, o primeiro ordenador en utilizar a electricidade para gardar datos.
Despois desta evolución os cambios que se fixeron foi unicamente mellorar o que xa estaba inventado; que gastase menos, que costase menos, que pesara menos...
A presentación finaliza falando das partes dun ordenador actualmente, esto fixémolo así para que as persoas se decataran do que somos capaces de facer as persoas solo con coñecementos, e para concenciar a xente de que as cousas que hai actualmente teñen antepasados, non se inventaron tal e como están hoxe en día de avanzadas.
Para rematar coa presentación quero responder a pregunta que se formula ao principio;
poden as máquinas pensar?
Pensar como os seres humanos obviamente que non, pois non teén sentimentos nin necesidades, pero si pensan a súa maneira, pois gardan os datos(fotos, sonidos, documentos...) para cando nos os necesitemos...
Feira das cencias:
Este traballo consistiu en agrupar a presentadora e a sumadora para presentarnos a un concurso de ciencias que se levou a cabo en Ponteceso.
A feira consistía en que ti levabas o teu proxecto e tiñasllo que explicar a xente que pasaba por alí, ao final do día avaliabate xente que para ti era unha persoa máis que che viña preguntar, pois non sabías quen eran os que puntuaban.
Foi unha experiencia moi boa, tanto para demostrar o que sabemos como para perder o medo ao falar en público.
De premio recibimos un dron e uns microscopios.
Espero que vos resultase entretido leer este artigo e todos os do blog.
Aprobeito tamén para despedirme, pois o curso acabase...
💜💚💙💛❤️🧡
Eva, tes que mellorar un pouco a túa redacción, ás veces líaste un pouco explicando, e tamén algo a presentación o blog dá un aspecto pouco consistente. Polo demais, un gran traballo todo este curso. Foi guai terte de alumna, aínda que sexas algo rabuda ;) Es moi constante e esfórzaste por entender as cousas, algo que é moi importante para a vida. Non me despido moito porque, como sabes, aínda nos temos que ver para que remates a sumadora e algunha cousa máis e que o 10 de novembro esteas (ou esteades) na OSHWDem explicando como pensan as máquinas ;D
ResponderEliminarMoooooooooooita sorte!
P.D.: o circuito integrado non ten 4 transitores, ten 4 portas NAND!! :[