mércores, 20 de xuño de 2018

TRABALLO FINAL

Bos días a tod@s;


Hoxe falareivos do meu proxecto final, o cal consiste en varias partes, pois fixen varias cousas.
O primeiro que fixen foi o CNC, que non rematei pero o que levo está no meu blog, concretamente é o anterior a este artigo.
A segunda actividade que fixen foi montar unha sumadora, que máis adiante explicarei.
A terceira actividade foi presentarme xunto a dous compañeiros a unha feira de ciencias levada a cabo en Ponteceso, da cal tamén vos falarei máis adiante.
Por último fixen e presentei un power-point aos alumnos de 6º de primaria aos alumnos do noso centro.
Agora vouvos explicar mellor as actividades.

Sumadora con portas lóxicas;

Esta sumadora creouse únicamente con:

- 1 breadboard
- 3 LEDs
- 3 resistencias para os LEDs de 330 ohmnios
- 3 resistencias para os circuitos integrados de 10K
- cables (eu utilicei varias cores)
- 5 circuitos integrados


Datos sobre esta sumadora:

- Fai as contas en binario:
Resultado de imagen de números en binario

Nesta sumadora o LED encendido fai referencia ao 1 e o apagado ao 0.

-Podemos sumar ata o número 6 (os números na sumadora representanse por bits. cada dous circuitos integrados forman un bit e nos temos 4 CI sen contar o que nos fai falta para o  resto, polo que poderíamos sumar co número máis alto, en decimal, 3 e en código binario 11, como vemos na táboa.
3+3=6. Por esta razón solo se pode sumar ata 6 ainda que é verdade que poderíamos seguir añadindo bits.)
-Para sumar o que se fai é conectar o cable que ao final nos queda solto ao positivo e se non queremos que se sume o que facemos é conectalo ao negativo.

Para montar esta sumadora eu seguín estes esquemas;


Este é o esquema completo pero para entendelo hai que ter en conta que cada unidad (U) é un transistor (EN CADA CI HAI 4 TRANSISTORES)
sabendo esto solo hai que seguir o esquema tendo en conta que as unións se representan con cables.
Ademáis ainda que no esquema non mencione as resistencias, nunca está de menos poñerllas.


Por aquí deixovos un esquema de cada Circuito Integrado por dentro, como dixen antes, consta de 4 portas NANDs, con 2 entradas e 1 saída cada un.


Un detalle importante é que esta sumadora utiliza as seguintes portas lóxicas:


E se queremos facer as contas coma esta sumadora de forma manual podemos seguir este esquema;


Como facer a suma desta maneira?

1º cubrimos cos números que queiramos sumar, tanto en decimal como en binario.
2º colocamos os números do apartado binario en B(primeiro número que queiramos sumar) e A(segundo número que queiramos sumar), postos en forma horizontal se movemos 90º o esquema.
3º imos mirando que porta é segun o dibuxo e miramos o resultado
4º poñemos o resultado no seguinte cuadradito que nos apareza seguindo as lineas.



Por aquí deixovos un video da sumadora e unhas fotos;



Quero destacar que o primeiro bit está conectado ao negativo porque non tería resto para encender o LED siguiente.
(O resto é o último circuito integrado pero neste caso refierome ao resto das sumas cando te levas algo.)




Presentación:


A presentación o que nos intenta deixar claro é que antes a electricidade utilizabase como moito para mover muelles.
Como veñen sendo as máquinas para facer contas, das que se fala ao principio da presentación.
Esto cambiou radicalmente en 1946 coa chegada do ENIAC, o 1º ordenador eléctrico, é dicir, o primeiro ordenador en utilizar a electricidade para gardar datos.
Despois desta evolución os cambios que se fixeron foi unicamente mellorar o que xa estaba inventado; que gastase menos, que costase menos, que pesara menos...
A presentación finaliza falando das partes dun ordenador actualmente, esto fixémolo así para que as persoas se decataran do que somos capaces de facer as persoas solo con coñecementos, e para concenciar a xente de que as cousas que hai actualmente teñen antepasados, non se inventaron tal e como están hoxe en día de avanzadas.
Para rematar coa presentación quero responder a pregunta que se formula ao principio;
poden as máquinas pensar?
Pensar como os seres humanos obviamente que non, pois non teén sentimentos nin necesidades, pero si pensan a súa maneira, pois gardan os datos(fotos, sonidos, documentos...) para cando nos os necesitemos...


Feira das cencias:

Este traballo consistiu en agrupar a presentadora e a sumadora para presentarnos a un concurso de ciencias que se levou a cabo en Ponteceso.
A feira consistía en que ti levabas o teu proxecto e tiñasllo que explicar a xente que pasaba por alí, ao final do día avaliabate xente que para ti era unha persoa máis que che viña preguntar, pois non sabías quen eran os que puntuaban.
Foi unha experiencia moi boa, tanto para demostrar o que sabemos como para perder o medo ao falar en público.
De premio recibimos un dron e uns microscopios.



Espero que vos resultase entretido leer este artigo e todos os do blog.
Aprobeito tamén para despedirme, pois o curso acabase...
💜💚💙💛❤️🧡

mércores, 18 de abril de 2018

Mini CNC con lectores de DVD reciclados(MONTAXE)

OLA A TOD@S!!!!!


Hoxe ensinareivos como montar a estructura deste modelo de CNC:



Este é un modelo que saquei deste video pero ti podes axustar certos materiais á túa preferencia.
Materiais que vas necesitar si ou si:
2 Lectores de DVD para sacarlle as pezas necesarias, xa que non imos utilizalo enteiro.
1 Arduino
1 Shield(permitinos manexar dous motores á vez)
1 Serbo
1 Cargador de 5 voltios
Estes podes elexilos ti un pouco máis a túa maneira:
Eu imprimín cunha impresora 3D varias pezas que che vou deixar por aquí para descargalas directamente.
Os tablóns de madeira para facerlle un pouco a forma podes collelos completamente ao teu gusto pero os buratos que tes que facerlle tñen que ir a medida para adaptar ben as pezas que funcionarán para debuxar (os "esqueletos" que nos quedaron dos lectores de DVD)
A parte desto necesitarás tornillos(grandes e pequenos), unha barilla lisa de 2mm e un muelle tamén da mesma medida.
AH! e un cachiño de plástico.

PASOS PARA MONTALO:

O primeiro que hai que facer é facer os buratos e facer a seguinte estructura:



Como xa dixen hai que facerlle os buratos á medida para que encaixen as pezas dos DVDs.
Cabe mencionar que as pezas irían con estas pezas:


Así sería como quedaría a 1º peza colocada(hai que oegar cun pouco de silicona o cacho de plástico):


A continuación poñemos a outra peza e deseguido temos que unir 4 cables a cada motor das pezas que sacamos dos DVDs, eu utilicei unha pequena soldadura.
Despois de esto temos que conectar estes 4 cables á Shield desta maneira:


Os cables, con axuda dun destornillador teriamos que poñelos nos sitios onde hai unha especie de linea, deixando o sitio do medio baleiro.
Como podemos ver hai dúas pezas de 5 buratos cada un, xa que un é para unha peza  e outra para a outra e recordamos que cada peza debe ter 4 cables.


E XA ESTARÍA A MONTAXE!!!!

luns, 2 de abril de 2018

Web



Bos días/Boas tardes/Boas noites a tod@s:


Hoxe ensinareivos e explicareivos como fixen un punto do traballo de TICs.
Póñovos en situación, este trimestre estivemos traballando na clase como facer unha páxina Web en código HTML(que é un código informático utilizado no desenvolvemento de páxinas en Internet.)
O traballo consistia en crear unha Web con varias características obrigatorías que debía cumprir PEEERO...
Un apartado do exercicio era añadirlle ti cousas a maiores, no meu caso fixen o seguinte:

↬Personalicei os botóns totalmente, utilizando esta páxina.
↬Creei unha táboa.
↬Puxen unha táboa completamente distinta xa que se lle pasas o cursor por riba dos cuadrados estes cambian a cor por uns segundos, de tal xeito que podes dibuxar nela.

Empezamos por como añadir unha tabla: Eu aprendín grazas a esta páxina.

Solo tes que copiar o código e modificalo ao teu gusto, eu xa cho deixo aquí;

<table id="customers">
  <tr>
    <th>Company</th>
    <th>Contact</th>
    <th>Country</th>
  </tr>
  <tr>
    <td>Alfreds Futterkiste</td>
    <td>Maria Anders</td>
    <td>Germany</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Berglunds snabbköp</td>
    <td>Christina Berglund</td>
    <td>Sweden</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Centro comercial Moctezuma</td>
    <td>Francisco Chang</td>
    <td>Mexico</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Ernst Handel</td>
    <td>Roland Mendel</td>
    <td>Austria</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Island Trading</td>
    <td>Helen Bennett</td>
    <td>UK</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Königlich Essen</td>
    <td>Philip Cramer</td>
    <td>Germany</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Laughing Bacchus Winecellars</td>
    <td>Yoshi Tannamuri</td>
    <td>Canada</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Magazzini Alimentari Riuniti</td>
    <td>Giovanni Rovelli</td>
    <td>Italy</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>North/South</td>
    <td>Simon Crowther</td>
    <td>UK</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Paris spécialités</td>
    <td>Marie Bertrand</td>
    <td>France</td>
  </tr>
</table>

NOTA: Cabe destacar que esta función vai dentro da etiqueta <body>.


E así quedaría esta táboa;





Seguimos cos botóns, para esto entramos na páxina anteriormente mencionada, alí podemos modificalo, así:



Como vemos según imos facendo cambios o código vai cambiandoe cando teñamos o botón definitivo temolo que copialo e pegalo no noso documento chamado estilos.css
Eu, persoalmente cambiarialle o nombre de .btn por button.

Por último explicareivos como facer a táboa na que se pode dibuxar;





Primeiro creamos unha táboa ao noso gusto.

Deseguido, imos ao documento estilos.css(xa que é unha función) e este é o código que utilicei, pero, como en todo podemos cambiar as coras, os tamaños...
Que por certo unha forma para ter moita variación de cores é utilizar o código html que se non queremos perder tempo podemos utilizar páxinas como esta.


table{
border: 2px solid
}
td{
    border: 2px solid black;
    -moz-transition: all 3s ease-in;
    -o-transition:  all 3s ease-in;
    -webkit-transition:  all 3s ease-in;
    transition:  all 3s ease-in;
    background: #ffccff;
    padding:20px;

}
td:hover{
  -moz-transition: all 0.1s ease-in;
  -o-transition:  all 0.1s ease-in;
  -webkit-transition:  all 0.1s ease-in;
  transition:  all 0.1s ease-in;
  background: black;
  padding:20px;
}s



MOITAS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN.